



TEATRO MUSICAL

TEATRO MUSICAL
Aínda que xa na antigüidade a música sempre foi parte das artes escénicas, a partir do século XIX emerxe o que hoxe coñecemos como teatro musical, ou “musical” como é coñecido popularmente.
É un xénero teatral no que a trama da historia se desenvolve con canción, baile, diálogo e actuación.
Na Escola Coda podemos facer que te achegues a este gran xénero, soamente tes que ter ganas de desfrutar e aproximarte ao teatro musical.
Obxectivos:
- 
Nocións de canto: preparación da voz para o funcionamento máis óptimo en escena, tanto a nivel individual ou en grupo. 
- 
Nocións de danza: exercicios básicos do movemento para poder montar pequenas coreografías en distintos estilos. 
- 
Nocións de interpretación que nos permitirán facer escenas deste xénero: exercicios de improvisación e técnicas teatrais. 
- 
Montaxe de mostras dos traballos feitos no curso 
Contidos:
- 
Técnicas de canto (respiración, vocalización e afinación) que empregamos para cantar. 
- 
Colocación corporal, estiramentos e pequenas coreografías para ir adquirindo as nocións de ritmo e movementos coreográficos. 
- 
Improvisacións 
- 
Interpretación das canción: emocións musicais. 
- 
Montaxe de escenas ou obra de teatro musical. 
Os grupos de teatro musical divídense entres niveis por idades: infantil, xuvenil e adultos.
​
​
TEATRO MUSICAL E LINGUAXE
- 
Nesta clase combinamos o solfexo coa iniciación ó teatro musical, expresión e interpretación, tanto corporal como vocal. 
- 
Na parte do solfexo comezaremos a ler música e aprender connotacións musicais, e en canto ó teatro musical poñeremos ó alcance dos mais pequenos a oportunidade de coñecer o mundo do teatro e a interpretación. 
- 
A base do Teatro musical radica nas tres disciplinas que o alumno recibirá ó longo do curso: interpretación, canto e coreografía. Todo isto únense e cobran sentido na posta en escena dun auténtico musical. 
INFANTIL
TEATRO MUSICAL 2
- 
Curso de iniciación ao teatro musical para menos e nenas de a partir de 6 anos. 
- 
Os alumnos aprenden a cantar, bailar e actuar, practicando a improvisación e desenrolando a súa creatividade. Estes estudantes adéstranse dunha forma divertida no xogo do teatro, educan o seu movemento e a súa espontaneidade axúdalles ao desbloqueo. 
- 
Esta disciplina pon especial interese na comunicación corporal, individual e grupal. 
XUVENIL
TEATRO MUSICAL 3
- 
Teatro musical para rapaces e rapazas dende os 10 anos. 
- 
Nesta clase traballamos as tres disciplinas: canto, interpretación e coreografías. 
- 
A primeira parte da clase baséase na técnica, na que nos achegamos ao canto, ao movemento e a improvisación a través de exercicios concretos e pedagóxicos 
- 
Na segunda parte da sesión, trabállase sobre a montaxe de escenas soltas de diferentes obras ou musicais, adaptados á súa idade e ao seu nivel. 
ADULTOS
CODA TM
- 
Para alumnos dende os 17 anos en adiante. 
- 
Nas clases de teatro musical e través de diversas técnicas, melloramos a dicción, a naturalidade, a concentración, a memoria e a desinhibición. Estas sesión, plantéanse coma un adestramento no canto, interpretación e danza para preparar ao alumno, con o sen experiencia previa, para as demandas artísticas, físicas e emocionais que esta profesión require. 
- 
Exercicio físico, canto, danza, creatividade e un encontro con outras persoas de interese similar.