CANTO
CANTO: A voz é unha ferramenta diaria para todo ser humano á hora de comunicarse e expresarse. A voz é un instrumento que todos levamos dentro, aínda que creas que non tes unha voz bonita non é certo, simplemente non a coñeces, se sempre quixeches cantar, pois canta! Descobre a túa propia voz. A partir do coñecemento do teu corpo e cunha correcta técnica vocal, verás os resultados axiña e desfrutarás dende o primeiro instante.
Traballamos co alumno individualmente para así poder adoptar un proceso de aprendizaxe adecuado e único a cada un, así como tratar de corrixir os malos hábitos vocais e traballar na reeducación de voz falada.
Poderás decidir traballar co estilo que máis che guste, lírico e/ou moderno.
Nesta especialidade tamén se traballará a expresión corporal, interpretación vocal, movemento escénico e preparación de actuacións, castings, audicións .....