A Escola

A escola de música e danza Coda nace no 2003 coa iniciativa de crear un espazo onde formar artistas e músicos cunha metodoloxía actualizada e moderna, onde actualmente conta con 10 profesores que teñen en común xuventude, experiencia e formación, tanto musical como nos escenarios, aportando ó alumno todo o necesario para progresar no mundo da música.

A escola Coda ten como obxetivo o desenrolo dun bo sistema educativo musical basado nun modelo pedagóxico atractivo e coherente que enmarca a nosa escola en toda Galicia.

A través do traballo en equipo, cunha continua elaboración de propostas, avaliacións e superación constante, ofrecemos ós nosos alumnos unha educación que facilita o aprendizaxe da música, danza e teatro musical.