MÚSICA E MOVEMENTO
A materia de Música e Movemento está dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 7 anos, e ten por obxectivo estimular certas capacidades fundamentais para o desenvolvemento integral dos alumnos na súa etapa infantil.
Traballase , de modo lúdico, as capacidades expresivas, musicais, intelectuais e motrices, sentando unhas bases sólidas para que posteriormente os alumnos poidan iniciar con éxito unha formación tanto de música como de danza.
A música nos nenos contribúe ó benestar e a lograr unha imaxe positiva, dótalles dunha seguridade emocional e confianza, i é de capital importancia no desenrolo das habilidades e destrezas básicas para o aprendizaxe, que se manifestan en aspectos como saber escoitar, percibir, asociar, discriminar auditiva mente, memorizar, interpretar e crear.
Os contidos destas clases son os seguintes:
​
-
Expresión vocal e canto
-
Expresión corporal e traballo da psicomotricidade.
-
Percusión corporal.
-
Instrumentación Orff e pequena percusión.
-
Audición activa.
-
Introdución á linguaxe da música.
​