NOVAS
JOEL PADIN (Alumno de Canto)
AUGHAS MORTAS
“Aughas mortas” é cómo se lles chama ás medusas aquí, na ría. Con este título Joel quere deixar clara a súa procedencia.
É un proxecto que ten en mente dende fai un par de anos pero que empeza a coller forma, alá por xuño deste pasado 2020. Pideulle a Carlos rey a súa axuda para escoller as cantigass e pronto se puxeron a traballar nelas. Carlos contou coa colaboración de músicos amigos como Alvaro Cardalda, Manuel Dopico e Santiago Fontes, que non dubidaron en botar unha man e poñerse a traballar.
O disco gravouse nun tempo record, con moi poucos ensaios e coa axuda institucional do concello de Vilagarcía.
Son 13 pezas recollidas por Carlos Rey alá polos anos 80. Algunhas delas adaptadas para darlle un toque diferente, sempre co máximo respecto e cariño ás informantes. Hai pezas recollidas dende a propia Vilagarcía, ata Piornedo, por exem
Puntos de venda:
Escola de Música e Danza CODA (Vilagarcía de Arousa)
Adoviarte (Ponteareas)
De Cotío (Santiago de Compostela)
Asociación Protectora de animais Vilagarcía de Arousa
Duende Intrumentos Musicales (Vilagarcía de Arousa)
Cafe Mickey (Vilagarcía de Arousa)
Claudia Sánchez (Alumna de Canto e solista do Coro Coda)
-Producción Audiovisual: The Crank -Producer:
The Crank and Sean Thomas
Intérprete e letrista: Claudia Sánchez de Movellán
Protagonista: Kirian Pereira
Protagonista mayor: Claudia Sánchez de Movellán
Nai: Coral Méndez
Pai: Pablo Morón
Nenos do parque: Hiuda Pereira, Alexandre Costas, Paula Costas.
Galería: Gabriel Varela, Nuria Varela, Isa Oliveira, Sara Cardalda, David Fontán,l Carlos Franco, Alba Fariña, Alicia Piñeiro, Adrián Chan, Aida Bao, Carmen Fernández.
Autora do cadro: Carmen Sampedro
Dono Galería de arte: Espacio Sergio Ribeiro
Iñaki Fernández (Alumno de Guitarra)
GRUPO TNT BAND
“Los chicos raritos de clase”...Así definía con certa ironía Carlos Crespo, xornalista de Vilagarcía, a estes catro mozos que, a pesar de ter só 16/17 anos, xa levan co seu grupo TNT Band dende 2015. Son unha “rara avis” no desolador panorama musical actual, pero veñen dando guerra con isto do
rock&roll, tratando de fuxir de modas e sons infernales que saen a todas horas nas radiofórmulas, e defendendo nos seus concertos a sua paixón.
“Facendo camiño ó andar, coas voltas que a música lles da na cabeza...” chegaron ao 2018 e a idea de gravar eses temas propios, que xa levaban tempo dando voltas nos ensaios, tornouse realidade, autoeditando o seu primero traballo: “Parte colectivo”, que viu a luz o 2 de novembro do 2018 e que contén 8 trallazos que lle pintan a cara a todos aqueles que din que esta música está morta e non hai bandas que continúen o legado dos clásicos do r&r.
TNT Band chegou para quedar e dar guerra a todos eses sons pregravados, as voces apañadas con autotune, as melodías repetitivas e faltas de sentido musical e ó postureo que se estila hoxe en día. E fanno coma mellor saben, con dúas guitarras, un baixo, unha batería, distorsións, unhas letras comprometidas e unha enerxía en directo que merece a pena sentila. Larga vida al rock&roll!!!!!!!!
Os componentes de TNT Band son:
Iñaki Fernández: Guitarra solista e voz
Carlos Galbán: Guitarra rítmica e coros
Sergio Di Natale: Batería
Manuel Esperón: Baixo e coros.