CODA TM

Dende Vilagarcía, Coda TM leva a cabo espectáculos de gran calidade adaptados en galego e para todolos públicos.

Coda caracteríazase pola producción de musicais de gran formato, apostando pola música e voces en directo, deixando un público cautivado pola beleza das adaptacións das historias orixinais, a excelente música composta para cada unha delas, a atención dos detalles, o ritmo, a creatividade e o deseño xeral .

SHREK

Cartel_Musical_SHREK_GENERICOeditadoweb.

Directo dende Broadway e do West End de Londres chega a Galicia o Musical Shrek, ideada por Dreamworks Theatricals e producida enteiramente na nosa terra por CODA TM.

 

O Musical de Shrek quere tratar ante todo ó público con respeto, xa sexan nenos ou adultos, posto que co directo transmítese unha enerxía especial debido ó elemento humano inherente que permite contaxiarse do sentimento e da paixón desprendidas polos músicos e intérpretes. A experiencia é única.

O REY DA SABANA

cartel_AAFFeditado-web.gif

O Rei da Sabana é unha xenial representación da película e musical internacional El Rey León, no que Coda TM creou una adaptación e traducción á lingua galega.

Neste musical, os espectadores  encontraránse a un gran elenco de actores representando a toda a sabana animada e un coro de máis de vinte cantantes. Leóns, hienas, babuinos e suricatos entre outros moitos, farán felices a un público que de seguro queda gratamente abraiado do resultado final de meses de ensaio.

O conxunto final da obra é unha amalgama de boas sensacións que chegarán a grandes e pequeños a través da música e voces en directo, as cancións por todos coñecidos e o humor característico desta historia adaptada á retranca galega, ademáis da magnífica caracterización a través do atrezo de cada un dos personaxes.

Máis de medio centear de profesionais do mundo da interpretación e un grupo de sete músicos tocando en riguroso directo, logran ensimismar a grandes e pequenos. A sabana africana desplega os seus encantos neste musical para mostrar un espectáculo exquisito. A posta en escea deixará boquiabertos ós máis pequenos, que poden ver de cerca ós personaxes de unha das súas películas favoritas.

Hakuna matata!!

A FAMILIA ADDAMS

Coda TM fai concertos de temas de diferentes musicais, un deles é A Familia Addams, unha das comedias máis exitosas do mundo de Broadway e das nosas pantallas.

Este musical de Broadway somérxenos no demente e fascinante mundo ó revés da Familia Addams. Para esta especial familia estar triste é ser feliz, o insensato é o sensato, e a morte e o sufrimento son a materia da que están feitos os seus soños.

Coda TM deseña un concerto arrepiante, onde a música e letra de Andrew Lippa é traducida e adaptada ao galego por Olalla Bouzas, e as personaxes creadas por Charles Addams son interpretadas polas abraiantes voces deste equipo.

Benvidos a unha nefasta, fatídica e tráxica noite, na que Familia Addams ao completo, ancestros incluidos, farán resucitar un espectáculo enérxico, creativo e cun indispensable punto de tolería.