top of page
Mesa de trabajo 1-100.jpg

CORO CODA

CORO CODA

Dende os comezos da Escola o coro sempre estivo presente dentro das actividades con maior aceptación.O coro está formado polos alumnos de canto da Escola e na actualidade o forman uns 30 alumnos. Conta cun excelente plantel de cantantes e de solistas, e ademais, unha divertida posta en escena.O noso repertorio é moi variado abarcando diferentes estilos como pop, rock, etc....pero o máis característico do coro coda son a interpretación de temas de películas e musicais. Ademais da súa propia montaxe tanto técnica como artística, o coro céntrase na posta en escena, na técnica vocal e na mellora da afinación e do empaste, sen esquecer  o traballo grupal e a socialización a través da música.

O Coro Coda, conta cunha amplia experiencia no mundo do espectáculo e da televisión”, Oh Happy Day, Os Inimitables, Luar ou Land Rover, son algún dos programas nos que o Coro Coda fíxoche partícipe. Tamén spots publicitarios coma “Para pasalo ben” campaña de Nadal da Televesión de Galicia ou o spot Galuresa 8 de Marzo, finalista nos Mestre Mateo.

O Coro Coda adáptase a calquer tipo de evento, flashmob, vodas ou concertos sorpresa, facendo moi especial cada actuación, e contaxiando ó público a boa enerxía e a maxia que fará inolvidable ese día.

bottom of page